Dar a coñecer a música de vangarda dos séculos XX e XXI, fomentar a creación de novas composicións e pór a dialogar a innovación sonora coa doutras artes son os obxectivos de ‘Contemporáneas,’ un novo programa do Concello de Santiago co apoio da Deputación da Coruña que reformula as anteriores Xornadas de Música Contemporánea para estendelas no tempo e manter unha xanela aberta ao longo do ano a novas sonoridades. A primeira edición de ‘Contemporáneas’ ofrecerá de outubro a maio oito concertos, un cada mes, que incluirán cinco estreas absolutas e tres composicións especificamente creadas para a ocasión.
Este novo formato extendido procura ofrecer á cidadanía máis oportunidades de gozar de propostas sonoras de vangarda e servir de escaparate aos proxectos máis relevantes que desenvolven grupos, artistas, creadoras e creadores que traballan en Galicia, sen desatender propostas que chegan desde fóra.
‘Contemporáneas’ tentará ser ademais un lugar para a reflexión a través da música e a escena no que se abordarán como a tecnoloxía, a intelixencia artificial, o espazo, a soidade ou a percepción social da realidade.
[programa]
[+ info]