Venres 27 | 01 | 2023
19:30h
Salón de Actos | Concello de Fisterra
“A paisaxe está vinculada principalmente ao sentido da vista, pero dende os anos 70 o concepto de paisaxe sonora foi cobrando cada vez mais forza incidindo na importancia da apreciación da nosa contorna, non so partindo do que vemos, se non tamén do que escoitamos.
Esta xornada quere centrarse no valor deses sons que configuran unha paisaxe
de xeito determinante, centrándonos concretamente no caso da Vaca de Fisterra que, logo de anos inactiva aínda resoa na memoria da xente que algunha vez a escoitou.
Este encontro abordarase partindo da importancia desde fito acústico no
contexto da teoría da paisaxe sonora, reivindicando o seu valor como patrimonio inmaterial e material referíndonos á outras sereas de néboas recuperadas ou en activo, á súa re-interpretación dende a práctica artística contemporánea, e as vivencias de quen a senten como parte da súa identidade persoal e colectiva”.