Cartografías da escoita. Son e lugar
Ciclo de conferencias
22/24 de xaneiro 2008

[Brandon LaBelle, Bill Fontana, John Levack Drever, Jose Luis Carles, Peter Cusack, Jean-Paul Thibaud, Carmen Pardo, Llorenç Barber]

CGAC (Centro Galego de Arte Contemporánea) Santiago de Compostela
Organiza: Escoitar.org

Un lugar, como espazo habitado e cargado de significado, como espazo de identidade, relacional e histórico, está construído, en gran medida, de memoria, e unha importante parte desa memoria, quer individual ou colectiva, é o resultado de nosa escoita. Cada lugar e cada situación –pero tamén cada acto e cada instante– están vencellados inexorablemente a uns sons concretos que os caracterizan e os identifican, ou os individualizan, fronte ás acústicas doutros espazos e contextos. Nos últimos anos conceptos coma paisaxe sonora ou auralidade funcionaron como un importante vínculo entre disciplinas.

O son que nos rodea, que nos acompaña e que producimos consciente ou inconscientemente converteuse así nunha información e nun material cada vez máis relevante para a creación artística, a expresión musical, a antropoloxía, a filosofía, a arquitectura, o urbanismo, a ecoloxía, a historia, a psicoloxía…

Neste contexto cómpre propoñer novas estratexias que nos permitan asumir a complexidade sonora da nosa realidade, comprender en que medida o son nos informa dun lugar para, dende o oído, elaborar novas formas de coñecemento e de expresión que eviten o silencio e a frontalidade co fin de permitir outras cartografías sensibles.

Aquí tienes el programa completo en en gallego y castellano.