Remezcla del tema A danza do abellón de como XISELR para la banda LUME.

[escuchar]

“¡Ó final facelo ti mesmo é facelo só!”, díxome un amigo mentres falabamos do proceso seguido no disco anterior. Non puiden dicirlle que non, pero ó mesmo tempo pareceume que non era certo de todo. Endexamais un disco, unha creación, sae dunha soa persoa, aínda que a idea e traballo e toda a produción fosen ó seu cargo. Están as influencias, a xente que rodea e apoia a un, as conversas e escoitas dende as cales xéranse folgos para seguir e conceptos novos a implantar e incluso a xente que ponlle paos ás rodas do carro para que non avance, dalgún xeito, tamén son partícipes nesa creación. Pero non soamente no disco, nestes anos de “facelo un mesmo” foron moitos concertos, eventos, reunións, viaxes, situacións, entrevistas e artigos que non serían posibles sin a participación doutras persoas. Neste tempo coñecín un montón de xente marabillosa coa que compartín escearios, quilómetros, comidas, vivencias ou simplemente un intercambio de mensaxes e correos cheos do sentimento máis poderoso do universo: a complicidade. Dun xeito ou outro, puiden achegarme á obra de artistas que admiraba, e agora aún máis, aprender deles, falar deles con outros amigos e viceversa e así ir pechando círculos e achegando á xente. Co tempo, percátaste de que vida é un pano, e agora podo dicir con orgullo que moitos de eses artistas cos que compartín música e vivencias son xa amigos. A función principal da música, ou polo menos unha delas, é a de crear cohesión social e xerar interaccións entre a xente. E quería plasmar ese pensamento dalgún xeito, así que decidín que ó mellor era boa idea pedirlle a algúns, que dalgún xeito ou outro xa mostraran interese por Lume, a facer unha remezcla da canción que quixeran de “Faino ti mesmo” e tentar unha publicación na que participásemos varios. Non foi doado xuntar a tanta xente, pero velaquí o resultado. “Faino con amigos” non é un disco de Lume, é un disco colectivo no que presento algúns dos amigos, que sabéndoo ou sen ter idea, colaboraron, inspiraron, e prenderon chispa cando parecía que o lume ía a morrer. Non son todos os que son, nin de coña, para iso farían falta 20 discos máis, pero estes aquí presentes son un bo exemplo do que falo. Nuns días teremos edición física en CD e nas próximas semanas irei degrañando e explicándoos quen é quen dentro de esta compilación de xente inqueda, creativa e imparable, todo da man e co apoio de outros heroes que tamén considero amigos, os rapaces de Ferror Records.

E así, sen máis, déixoos co disco, ecléctico calidoscopio de puntos de vista distintos pero comúns. Trece remezclas e dous temas en directo grabados en concertos que tamén organizáronse entre amigos. Saca algo de tempo, dálle volume e lembra que facelo un sempre está ben, pero tamén sempre mellor é facelo con amigos.

“o lume que alampea, xamais o veredes morto”

Eloy Platas (Lume)