A escoita múltiple nos limiares da paisaxe sonora
Paisaxe sonora é o nome que se lle dá á trama continua e complexa de sons que nos rodean e que, na súa formalización, se converte en obxecto de investigación, creación e especulación.
Xa na súa orixe o concepto estivo moi vinculado ao ámbito da ecoloxía, incidindo na importancia da dimensión acústica da nosa contorna como parte integral da existencia humana mais, e especialmente nos últimos anos, cando a escoita ecolóxica se amplía alén das cordeadas antropocéntricas tradicionais e urxindo a necesidade, como afirma Timothy Morton, de recoñecer a existencia de moitas outras temporalidades.
Na práctica da arte sonora dos útimos anos incorporáronse unha serie de dispositivos e tecnoloxías de captación que permiten acceder a sons que exceden os limiares da nosa escoita facéndonos conscentes de paisaxes ata agora inaudibles.
Dar accesibilidade a este universo que excede os nosos sentidos, asi como construir relatos na intersección entre a investigacióin científica e a artística, contribúe a concienciarnos da interconectividade do ecosistema do que formamos parte e do que depende o noso futuro colectivo.