Participación en el paseo realizado alrededor de la cultura material e inmateiral de A Fonsagrada para hablar sobre auralidad y paisaje sonoro.

“O concello da Fonsagrada, xunto co de Negueira de Muñiz, formou parte ata 1835 do Concello de Burón, cuxa capitalidade ostentaba a vila da Pobra de Burón, fundada arredor do ano 1200 e pertencente ao arciprestado de Burón, dentro da diocese de Oviedo. Monumenta viaxará ata esoutra “raia” entre Asturias e Galicia, onde, ademais da importancia do antigo concello da Pobra do Burón (extinto no ano 1835) e da súa famosa torre de Altamira ou do castelo de Burón, tamén falaremos das fundacións hospitalarias para peregrinos, xa citadas no século XIII, que se levantaban no lugar, tránsito dos camiñantes que ían, desde Oviedo, a Santiago de Compostela polo Camiño Primitivo Visitaremos varios exemplos de arquitectura da zona, como a igrexa de Santa María, construción barroca con tres naves e unha ábsida, a torre de Altamira ou o castelo de Burón, construción dos condes de Altamira que foi derrubada polos Irmandiños, capitaneados por Pedro Osorio, durante a Revolta do século XV e que foi reconstruída despois pola familia dos Moscoso.

Tamén coñeceremos a igrexa de Santa María de Allonca, unha fermosa arquitectura rural nunha fraga de amieiros, castiñeiros e carballos, e as corripas, unhas pequenas construcións de pedra circulares ou cadradas utilizadas para a conservación e o manexo da castaña, produto que foi básico na economía e na alimentación desta zona.

Camiñantes convidados

Antonio de Vega , arquitecto e profesor da Universidade de Santiago de Compostela.

Juanjo Molina, director do Museo

Etnográfico da Fonsagrada e
investigador.

Xoán-Xil López, artista e paisaxista sonoro

[+ info]

[programa pdf]