“Logo de dez anos, os Encontros Internacionais coa Zanfona seguen a estender os límites conceptuais deste “sintetizador medieval” a territorios compartidos por estéticas posmodernas (drone, acusmática, secuenciación computacional, reducionismo, intervención sonora, improvisación, performance, o loop,…) que conviven coa música popular e universal, coa música coma razón social e encontro humano na percepción abstracta da paisaxe acústica dos nosos días.
Son significativas todas as figuras de renome internacional que teñen pasado por este encontro situando a Galicia no epicentro mundial do instrumento e que marca un presente magnífico para un porvir donde a memoria do instrumento vai gañando cada vez máis espazo desde o rexurdir dos anos 70. É nesta memoria que aCentral Folque é plataforma activa que aposta e pon e conexión a profesionais, alumnos, luthiers conseguindo desde o 2000 unha renovación esencial”.