Do 20 ao 30 de novembro de 2007
Sesións teóricas, 16:00-18:00 h
Sesións prácticas, 18:00-20:00 h
Dirección do taller: Colectivo Escoitar.org

“O colectivo Escoitar.org propón un obradoiro que vai da aproximación teórica á experiencia da escoita cun obxectivo principal: explorar as múltiples relacións que existen entre son e ambiente, entre o audible e o inaudible; todo isto no contexto da arte sonora e a fonografía. Ao mesmo tempo redescubriremos a realidade acústica de Santiago de Compostela, co fin de que os asistentes sexan capaces de afrontar un proxecto baseado na gravación e na edición orixinal de audio. Partindo de diversas gravacións de paisaxes sonoras, tentaremos capturar os sons propios, aqueles que os seus habitantes recoñecen dese xeito e que serven para definir a personalidade acústica da cidade, para despois xeolocalizalos no mapa web, baseado nun hack de Google Maps. Deste xeito, participaremos no proceso de configuración dun patrimonio sonoro consensuado polos propios oíntes”

[+ info] y PDF del programa