Á DESCUBERTA DO PATRIMONIO
Coñeceremos o punto máis occidental da península do Barbanza, unha zona rochosa de pequenos cantís, agras costeiras e vexetación incluída no Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo.

MONUMENTA DIVULGA
Presentaremos A Orixe, unha ruta a pé que segue os pasos da translatio desde a Barbanza a Santiago de Compostela. E faremos unha investigación sobre a paisaxe sonora da costa, analizando as fermosísimas construcións en pedra seca espalladas polo cabo.

MONUMENTA ESCOITA
Abellón
 é un proxecto artístico e educativo que convida a unha reflexión vinculando tres mundos aparentemente non conectados: o biolóxico, a partir da figura das abellas; o social, desde os rituais de tránsito e morte e o sentido de comunidade; e o artístico, centrado na acústica, nas paisaxes sonoras e no audiovisual.

MONUMENTA ARQUIVO
Colaboración con Sonen, Centro de Acústica e Servizos de Telecomunicacións, unha empresa de enxeñaría dedicada ao estudo técnico no campo da acústica.

CAMIÑANTES CONVIDADOS
Ana Isabel Filgueiras Rei, 
arqueóloga en Boqueixón e na oficina de rehabilitación do casco histórico de Noia, profesora e titora da UNED en Vigo.
Iria Sobrino, arquitecta, paisaxista, experta en galpóns de Galicia e investigadora da paisaxe industrial.

Francisco Sánchez Fraga, escritor, investigador e divulgador do patrimonio de Corrubedo.