“Tras os ciclos de conferencias Novas estéticas da paisaxe. O eixe atlántico e Estruturas na paisaxerealizados no 2006, nesta terceira edición os profesores da Universidade de Santiago de Compostela María Luisa Sobrino Manzanares e Federico López Silvestre retoman a dirección dun proxecto multidisciplinario que dá continuidade a unha liña de investigación centrada na análise dos diferentes factores que interveñen no contornonatural e urbano.
Un encontro onde se tratará, como ocorre coamirada do enxeñeiro, de destacar a capacidade estruturadora dos camiñosno territorio, pero, sobre todo, de destacar cómo ese paseo, ese percorrido, está tamén na orixe das experiencias estéticas que axudarona dar forma a algunhas das prácticas literarias, artísticas e arquitectónicas máis interesantes da actualidade. Na contemplación das mutacións da paisaxe desde o camiño ou a estrada está a base de boa parte das achegas do situacionismo, da xeopoética, da land-art… No paseo está tamén o principio do quefacer xeográfico contemporáneo,quefacer que debe máis á experiencia viva do que ao traballo de gabinete.
Baixo o título Paseantes, viaxeiros e paisaxes, este foro contará coa mirada diversa de profesionais como os artistas Perejaume, Bleda y Rosa, Montserrat Altet e Ignacio Pérez-Jofre, o arquitecto Francesco Careri, o enxeñeiro Miguel Aguiló, os xeógrafos Joan Nogué e Nicolás Ortega, historiadores da arte como Carmen Pena, Manuel Segade e Rubén Blanco, o musicólogo Juan-Gil López, os filósofos Jacques Leenhardt, Marcial Gondar e Gonzálo Barrena e o especialista en xeopoética César Domínguez Prieto”.
Puedes leer el texto completo titulado Soundwalking. Del paseo sonoro “in-situ” a la escucha aumentada. en la sección de textos.